O concello de Londres aproba unha serie medidas de emerxencia destinadas a impulsar a construción de vivendas | Observatorio de Vivenda

O concello de Londres aproba unha serie medidas de emerxencia destinadas a impulsar a construción de vivendas

O concello de Londres aproba unha serie medidas de emerxencia destinadas a impulsar a construción de vivendas

Decenas de milleiros de londinienses beneficiaranse dun plan de urxencia impulsado polo Concello de Londres e o Goberno británico para reactivar a construción de vivendas e aumentar a oferta de fogares asequibles. As medidas pretenden desbloquear proxectos parados e poñer en marcha máis vivendas sociais ca en calquera outro momento desde os anos setenta, acadando tamén a cifra máis alta de novas edificacións desde a década de 1930. O sector da construción viña sufrindo unha forte crise provocada pola pandemia, o encarecemento dos materiais, os tipos de xuro elevados e as trabas administrativas, o que fixo que moitos distritos non iniciaran ningunha obra no primeiro trimestre do ano.

Para facer fronte a esta situación, o alcalde e o ministro de Vivenda acordaron medidas temporais que faciliten a posta en marcha de proxectos con polo menos un 20 % de vivenda asequible, reducindo as taxas e flexibilizando as normas de deseño e densidade. O plan tamén dá ao alcalde novos poderes para acelerar a planificación e revisar proxectos rexeitados polos concellos, así como un fondo inicial de 322 millóns de libras para apoiar aos promotores. Con isto, preténdese acelerar a entrega de vivendas, incluídas as sociais e de alugueiro, e contribuír ao obxectivo nacional de construír 1,5 millóns de novos fogares, o maior incremento dunha xeración.

Fonte.- Idealista