O Goberno de Ontario propón rebaixas de ata 50.000 euros na compra da primeira vivenda para facilitar o acceso á vivenda habitual | Observatorio de Vivenda

O Goberno de Ontario propón rebaixas de ata 50.000 euros na compra da primeira vivenda para facilitar o acceso á vivenda habitual

O Goberno de Ontario propón rebaixas de ata 50.000 euros na compra da primeira vivenda para facilitar o acceso á vivenda habitual

O Executivo de Ontario quere facilitar que as persoas que mercan a súa primeira vivenda poidan afrontar mellor o investimento. Para iso propón importantes rebaixas fiscais, que poderían supoñer ata 80.000 dólares canadenses por comprador, acumulables ás deducións federais. Nun territorio que concentra máis dun terzo da poboación canadense e no que están cidades clave como Toronto e Ottawa, o plan permitiría reducir de maneira notable os impostos asociados á compra de inmobles valorados ata nun millón de dólares.

A proposta inclúe unha diminución do 8% na parte provincial do Imposto Armonizado sobre as Vendas e complementa a redución federal do 5% nas operacións inmobiliarias. O conselleiro de Finanzas, Peter Bethlenfalvy, defendeu que esta política pretende aliviar un dos gastos máis importantes das familias. As asociacións do sector saudaron a iniciativa, asegurando que pode axudar a reactivar un mercado golpeado pola caída de prezos. Desde a BILD sinalan ademais que, cun descenso do 20% no custo das vivendas novas na área de Toronto, o momento é especialmente propicio para que novos compradores dean o paso.

Fonte.- Idealista