O Goberno británico aborda a crise inmobiliaria cun paquete de medidas para reformar o proceso de compravenda de vivendas | Observatorio de Vivenda

O Goberno británico aborda a crise inmobiliaria cun paquete de medidas para reformar o proceso de compravenda de vivendas

O Goberno británico aborda a crise inmobiliaria cun paquete de medidas para reformar o proceso de compravenda de vivendas

O Goberno británico abriu unha consulta pública para renovar a fondo o proceso de compravenda de vivenda, unha reforma que o secretario de Vivenda, Steve Reed, cualifica como a maior mudanza do sector nas últimas décadas. O obxectivo é simplificar trámites, reducir custos e achegar máis claridade ás operacións, nun mercado onde cada ano se frustran máis de medio millón de transaccións. Segundo un estudo encargado polo Banco Santander, estas vendas abortadas supoñen perdas superiores aos 1.700 millóns de euros, derivadas de gastos directos para os consumidores, diminución da produtividade, impacto no benestar e perda de tempo libre. As causas son diversas, desde ofertas máis altas de última hora ata problemas técnicos, atrasos administrativos ou dificultades para acceder a unha hipoteca.

Nun contexto marcado por prezos disparados, escaseza de oferta e tipos de interese elevados, o Executivo de Keir Starmer propón unha reforma estrutural asentada na dixitalización masiva dos procesos, maior transparencia na información previa, rexistros de propiedade dixitais, contratos con carácter vinculante e un código de boas prácticas de obrigado cumprimento para o sector inmobiliario. O plan busca reducir á metade o número de operacións fallidas e acurtar os prazos de peche arredor dun mes, co fin de reactivar un mercado que leva meses ralentizado tanto na compra como no alugueiro.

Fonte.- Idealista