Comprar vivenda nova en Vigo encarécese: oitava cidade de España co metro cadrado máis caro | Observatorio de Vivenda

Comprar vivenda nova en Vigo encarécese: oitava cidade de España co metro cadrado máis caro

Comprar vivenda nova en Vigo encarécese: oitava cidade de España co metro cadrado máis caro

Vigo sitúase como a oitava cidade española co prezo máis alto da vivenda nova, cun metro cadrado que acada os 3.342 euros, segundo os últimos datos do Consello Xeral do Notariado. A cifra supón un aumento interanual do 6% e eleva o prezo medio dos pisos vendidos a estrear —duns 97 m²— por riba dos 323.000 euros, nun contexto de forte presión inmobiliaria que tamén se deixa notar no alugueiro.

A pesar de ser a décimo cuarta cidade máis poboada do Estado, Vigo supera en carestía a urbes como Valencia, Sevilla ou Zaragoza, quedando só por detrás de Madrid, Barcelona, Palma, Málaga e as tres capitais vascas. A entrada en vigor do novo PXOM abre expectativas para incrementar a oferta residencial, con máis de 6.000 vivendas previstas a medio prazo en distintos ámbitos urbanos, aínda que o impacto real nos prezos está por comprobar.