O prezo do alugueiro en España subiu un 7 % ao longo do ano 2025, segundo datos de Fotocasa | Observatorio de Vivenda

O prezo do alugueiro en España subiu un 7 % ao longo do ano 2025, segundo datos de Fotocasa

O prezo do alugueiro en España subiu un 7 % ao longo do ano 2025, segundo datos de Fotocasa

O mercado do alugueiro en España rexistrou en 2025 un incremento interanual do 7%, mantendo os prezos por riba dos 14 euros por metro cadrado ao mes, segundo datos de Fotocasa. O informe indica que o nivel máis alto da serie histórica acadouse en xuño de 2025, cando o custo medio chegou aos 14,38 euros por metro cadrado. Ademais, desde finais de 2024 os prezos non baixaron dos 13 euros, o que reflicte unha situación de encarecemento sostido e unha presión constante sobre o mercado do alugueiro.

Por territorios, Barcelona sitúase como a provincia con alugueiros máis elevados, cun prezo medio de 21,90 euros por metro cadrado, seguida de Madrid e Gipuzkoa. No ámbito mediterráneo, Málaga destaca tamén entre as provincias con valores máis altos. Se se analiza por municipios, os prezos máximos concéntranse en Esplugues de Llobregat, Ibiza e a cidade de Barcelona, todas elas con importes que superan amplamente a media estatal.

Fonte.- EFE