As licitacións de obra pública das Administracións ata novembro crecen un 44,4% con respecto ao mesmo período do ano anterior | Observatorio de Vivenda

As licitacións de obra pública das Administracións ata novembro crecen un 44,4% con respecto ao mesmo período do ano anterior

As licitacións de obra pública das Administracións ata novembro crecen un 44,4% con respecto ao mesmo período do ano anterior

As administracións públicas destinaron preto de 901 millóns de euros á licitación de obra pública para vivenda familiar nos once primeiros meses de 2025, o que supón un incremento do 44,4% respecto ao mesmo período do ano anterior. A falta de coñecer os datos de decembro, todo apunta a que 2025 se converterá no exercicio con maior investimento dos últimos dezaseis anos. Só no mes de novembro, as licitacións acadaron os 58 millóns de euros, un 27% máis que en novembro de 2024, segundo as estatísticas oficiais do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible.

O Ministerio de Vivenda atribúe esta evolución positiva ao impulso do Plan Estatal para o Acceso á Vivenda 2022-2025 e ao Plan de Recuperación financiado cos fondos europeos Next Generation. Ademais, avanzou que esta liña de actuación terá continuidade co Plan Estatal de Vivenda 2026-2030, que contará cun orzamento de 7.000 millóns de euros, reservando polo menos o 40% á promoción de vivenda accesible. Desde o departamento que dirixe Isabel Rodríguez subliñan a importancia de que as vivendas construídas con recursos públicos conten cunha protección permanente, de maneira que só aquelas que garantan este carácter social poidan optar á financiación do vindeiro plan estatal.

Fonte.- Idealista