A Xunta adxudica por máis de 1,5M€ a obra de transformación de locais sen uso en Narón e construír 14 novas vivendas de promoción pública | Observatorio de Vivenda

A Xunta adxudica por máis de 1,5M€ a obra de transformación de locais sen uso en Narón e construír 14 novas vivendas de promoción pública

A Xunta adxudica por máis de 1,5M€ a obra de transformación de locais sen uso en Narón e construír 14 novas vivendas de promoción pública

O consello de administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) autorizou a adxudicación do contratos de execución das obras de construción de 14 vivendas de promoción pública que serán o resultado da transformación de locais sen uso propiedade da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) que ocupan a primeira planta do inmoble emprazado na rúa Ponte Pielas.

A obra adxudicarase a Prosema Noroeste por un importe de euros 1.524.690 euros.

O proxecto foi redactado por López Noya Arquitectura y Urbanismo S.L.P. e adxudicado por 109.989 euros.

Este proxecto prevé a transformación dos locais situados na primeira planta do inmoble para a creación dun total de 14 vivendas. A distribución das mesmas realizarase en función do número de dormitorios, prevéndose 2 vivendas de dous dormitorios, 7 vivendas de tres dormitorios, 1 vivenda de catro dormitorios e 2 vivendas con estancia única.

Cómpre lembrar que o Goberno galego modificou a normativa, a principios de 2025, para facilitar a conversión de baixos e locais desocupados en vivendas, para convertelos en fogares, e que  agora tamén será vivendas con cualificación permanente. Os locais deben estar situados en edificacións existentes de tipoloxía residencial de vivenda colectiva, en solo urbano ou de núcleo rural, e deberán cumprir as normas de habitabilidade.

En marcha 105 VPP

En Narón a Xunta ten en marcha, en distintas fases de desenvolvemento un total de 105 VPP, incluíndo o contrato autorizado hoxe, e as outras 91 vivendas que se van a construír nunha parcela cedida polo Concello, e que se atopan en fase de redacción do proxecto.

A Xunta mantén o compromiso de duplicar o parque de vivenda pública no período 2024-2028 para chegar ás 8.000 vivendas de promoción pública e a previsión do Pacto de Vivenda de Galicia 2026-2030 de chegar a 10.000 vivendas públicas no ano 2030.

Fonte.- Xunta de Galicia