A vivenda usada alcanza os 2.924 euros por metro cadrado tras subir un 12,5 % en agosto, segundo idealista | Observatorio de Vivenda

A vivenda usada alcanza os 2.924 euros por metro cadrado tras subir un 12,5 % en agosto, segundo idealista

A vivenda usada alcanza os 2.924 euros por metro cadrado tras subir un 12,5 % en agosto, segundo idealista

O prezo da vivenda usada en España aumentou un 12,5 % en termos interanuais e situouse en 2.924 euros por metro cadrado, segundo o índice de prezos inmobiliarios de idealista. A pesar deste incremento, o mercado rexistrou unha baixada intermensual do 0,3 %, que puxo fin a unha serie de 43 meses consecutivos de aumentos mensuais. Todas as comunidades autónomas elevaron os seus prezos respecto ao ano anterior, cun incremento do 10,9 % en Galicia.

No ámbito provincial, 49 provincias presentaron prezos superiores aos do ano anterior, coa excepción de Ourense, onde o valor baixou un 5,4 %. Nas capitais, todas as cidades analizadas rexistraron incrementos, entre eles Pontevedra, cunha subida do 16,9 %. Madrid alcanzou os 6.471 euros por metro cadrado e Barcelona os 5.440 euros, mentres que San Sebastián mantivo o prezo máis elevado entre as capitais, con 6.680 euros por metro cadrado.

Fonte.- Idealista