O Estado destina 5,1 millóns de euros a Galicia para ampliar a vivenda accesible en zonas tensionadas | Observatorio de Vivenda

O Estado destina 5,1 millóns de euros a Galicia para ampliar a vivenda accesible en zonas tensionadas

O Estado destina 5,1 millóns de euros a Galicia para ampliar a vivenda accesible en zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 90 millóns de euros ás comunidades autónomas con zonas de mercado residencial tensionado para incrementar a oferta de vivenda accesible. Galicia recibirá 5.112.304 euros, unha contía da que se beneficiarán Santiago de Compostela e A Coruña, os dous municipios galegos nos que está declarada esta situación. As axudas poderán empregarse para promover e construír vivenda pública, rehabilitar inmobles destinados ao alugueiro accesible, adquirir solo e vivendas ou desenvolver actuacións de urbanización.

Os recursos están orientados a apoiar os plans específicos das comunidades autónomas para corrixir os desequilibrios que dificultan o acceso á vivenda e aumentar a oferta residencial a prezos accesibles. O proxecto normativo establece que as subvencións poderán financiar actuacións incluídas no Plan Estatal de Vivenda 2026-2030, relacionadas coa creación de vivenda accesible e coa rehabilitación e renovación urbana. O Goberno prevé realizar o pagamento ás comunidades autónomas nun único abono, cun prazo máximo de cinco meses desde a entrada en vigor da norma.

Fonte.- El Correo Gallego