A Xunta sorteará esta semana 50 vivendas de promoción pública na Coruña e 48 en Ferrol, destinadas a alugueiro accesible | Observatorio de Vivenda

A Xunta sorteará esta semana 50 vivendas de promoción pública na Coruña e 48 en Ferrol, destinadas a alugueiro accesible

A Xunta sorteará esta semana 50 vivendas de promoción pública na Coruña e 48 en Ferrol, destinadas a alugueiro accesible
  • O 40% destas vivendas adxudicaranse a mozos menores de 36
  • Mañá, día 9 de setembro, ás 10 de mañá procederase ao sorteo de 50 vivendas públicas no barrio coruñés de Xuxán
  • Este venres, día 11, procederase ao sorteo doutras 48 vivendas no barrio ferrolán do Bertón

A Xunta sorteará esta semana 50 vivendas de promoción pública na cidade da Coruña e outras 48 no concello de Ferrol, destinadas a alugueiro accesible, das que o 40% estarán destinadas a menores de 36 anos.

En concreto, mañá, día 9 de setembro, ás 10 de mañá, procederase ao sorteo de 50 vivendas públicas que o departamento que dirixe M. Allegue constrúe na parcela Z-28 no barrio coruñés de Xuxán, na Coruña.

O sorteo destas vivendas de Xuxán, que se levará a cabo no salón de actos da delegación territorial da Xunta na Coruña,  realizarase ante notario, entre os inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda para o concello da Coruña como municipio preferente.

Tamén esta semana, o venres día 11 de setembro, procederase ao sorteo doutras 48 vivendas de promoción pública que, neste caso, se están a construír no barrio do Bertón, no concello de Ferrol. 

Trátase dos novos fogares que albergarán os 2 edificios en construción, nas parcelas 1 e 2 deste barrio da cidade, con 24 vivendas cada un deles.

O sorteo destas vivenda do Bertón se levará a cabo ás 10 horas da mañá no salón de actos da delegación territorial da Xunta en Ferrol. Neste caso, o sorteo  realizarase ante notario entre os inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda para o concello ferrolán como municipio preferente.

Requisitos

Os requisitos para acceder a estes sorteos e ser beneficiarios son, entre outros, atoparse inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda para o concello da Coruña ou Ferrol como municipio preferente; e residir ou traballar nestes concello.

Ademais, deben carecer de vivenda en propiedade e acreditar ingresos ponderados por unidade familiar ou convivencial de entre 0,7 e 4 veces o índice público de renda de efectos múltiples (IPREM) ou 4,5 veces no caso de familias numerosas.

Tras o respectivo sorteo, publicarase a lista provisional de adxudicatarios e se abrirá un prazo de 10 días para reclamacións. Posteriormente, publicarase a lista definitiva e darase un prazo de 10 días para a aceptación ou renuncia.

Fonte.- Xunta de Galicia