Idealista cifra nun 44% a redución da oferta de vivenda en alugueiro desde 2018 | Observatorio de Vivenda

Idealista cifra nun 44% a redución da oferta de vivenda en alugueiro desde 2018

Idealista cifra nun 44% a redución da oferta de vivenda en alugueiro desde 2018

A oferta de vivendas en alugueiro de longa duración reduciuse de forma significativa en España, segundo os datos de Idealista. O número de anuncios pasou de 902.664 a 510.091, o que supón unha diminución de case 393.000 vivendas, equivalente ao 44%. A contracción afectou a 41 das 50 provincias. Madrid rexistrou a maior caída, con 137.411 vivendas menos, seguida de Barcelona, con 116.151. Por comunidades autónomas, Madrid perdeu 137.411 anuncios e Cataluña 124.582, mentres que Andalucía reduciu a súa oferta en 34.403 vivendas, a Comunitat Valenciana en 14.499 e Galicia en 14.428.

A redución foi especialmente acusada nas capitais de provincia. Madrid perdeu 117.558 anuncios de alugueiro e Barcelona 94.130, mentres que València rexistrou unha diminución de 18.465. Pola contra, algunhas provincias incrementaron a oferta, entre elas Alicante, con 4.312 vivendas máis, Castellón, con 1.307, e Xaén, con 999. No ámbito das capitais, dez cidades aumentaron os anuncios dispoñibles, con Xaén á cabeza, con 488 unidades adicionais. La Rioja foi a única comunidade autónoma na que medrou a oferta, con 282 anuncios máis.

Fonte.- Idealista