Acorde a datos do INE, as compravendas de vivendas caen un 5,1 % en España no mes de xullo | Observatorio de Vivenda

Acorde a datos do INE, as compravendas de vivendas caen un 5,1 % en España no mes de xullo

Acorde a datos do INE, as compravendas de vivendas caen un 5,1 % en España no mes de xullo

As compravendas de vivendas en España descenderon un 5,1 % interanual, ata as 61.417 operacións rexistradas, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). A caída afectou tanto á vivenda usada, cunha redución do 6,1 %, como á obra nova, que retrocedeu un 1,4 %. No acumulado do ano, as transaccións diminuíron un 3 %. A vivenda de segunda man concentrou o 78,4 % das operacións, con 48.128 compravendas, fronte ás 13.289 de vivenda nova. Pola súa banda, as vivendas libres representaron o 93,8 % do total, con 57.607 operacións, mentres que a vivenda protexida sumou 3.810 transaccións, o 6,2 %.

A evolución do mercado presenta diferenzas territoriais significativas. Seis comunidades autónomas rexistraron aumentos das compravendas, con Navarra á cabeza, cun 26,4 %, seguida de Galicia, cun 10,8 %, e Castela e León, cun 9,7 %. Tamén se produciron incrementos en Castela-A Mancha (7,3 %), Murcia (2,6 %) e Canarias (2,1 %). Pola contra, Asturias (-15,2 %), Baleares (-14,3 %) e o País Vasco (-12,4 %) experimentaron os maiores descensos. 

Fonte.- Idealista