Os desafiuzamentos caen case un 60 % en Vigo no último lustro, segundo os datos xudiciais | Observatorio de Vivenda

Os desafiuzamentos caen case un 60 % en Vigo no último lustro, segundo os datos xudiciais

Os desafiuzamentos caen case un 60 % en Vigo no último lustro, segundo os datos xudiciais

Vigo rexistrou 136 ordes xudiciais de desafiuzamento para executar entre xaneiro e setembro, fronte ás 342 contabilizadas no mesmo período cinco anos antes, o que supón unha redución próxima ao 60 %.

A tendencia descendente tamén se reflicte na evolución das execucións: no trimestre máis recente executáronse 35 desaloxos, fronte aos 49 do trimestre anterior e aos 61 dos primeiros tres meses do ano. A maioría dos procedementos están relacionados con vivendas alugadas, nun contexto marcado pola escaseza de inmobles dispoñibles para arrendamento.

Fonte.- Atlántico