A Xunta adxudica por preto de 2 M€ o contrato para a construción de 10 vivendas de promoción pública en Vilagarcía de Arousa | Observatorio de Vivenda

A Xunta adxudica por preto de 2 M€ o contrato para a construción de 10 vivendas de promoción pública en Vilagarcía de Arousa

A Xunta adxudica por preto de 2 M€ o contrato para a construción de 10 vivendas de promoción pública en Vilagarcía de Arousa

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, presidiu hoxe o consello de administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal), que autorizou a adxudicación do contrato para a construción de 10 novas vivendas de promoción pública en Vilagarcía de Arousa.

Tratase da construción do inmoble de 10 vivendas na parcela 5 do proxecto de compensación UEI-18 no Lugar de Marxión, cedida polo Concello.

A empresa adxudicataria do contrato será Construcciones y Proyectos Abilleira, S.L. por importe de preto de 2M€ (1.983.380 €).

O proxecto das vivendas foi redactado pola UTE Oxil-Domohomo, adxudicado por importe de 85.184 €.

O inmoble contará con soto, baixo e dúas plantas, coa seguinte distribución:

A plan soto estará destinada a 10 prazas de garaxe e 10 rochos, cuartos de limpeza e de instalacións.

No baixo emprazaranse elementos comúns (soportal, portal, espazo reserva CT e espazo reserva residuos e escaleiras) e catro vivendas de dous dormitorios, unha delas adaptada para o seu uso por persoas con mobilidade reducida.

Na planta primeira haberá catro vivendas, dúas de dous dormitorios e dúas de tres dormitorios.

E na planta segunda emprazaranse dúas vivendas de dous dormitorios.

Fonte.- Xunta de Galicia