A Xunta adxudica por 8,1M€ os contratos da redacción de proxecto e execución das obras de 36 vivendas de promoción pública no Porriño | Observatorio de Vivenda

A Xunta adxudica por 8,1M€ os contratos da redacción de proxecto e execución das obras de 36 vivendas de promoción pública no Porriño

A Xunta adxudica por 8,1M€ os contratos da redacción de proxecto e execución das obras de 36 vivendas de promoción pública no Porriño

O Consello de Administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal), presidido pola conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, autorizou hoxe a adxudicación do contrato para a redacción do proxecto, dirección de obra e execución das obras de construción de 36 novas vivendas de promoción pública no Porriño.

O Consello de Administración autoriza a adxudicación deste contrato para a construción dun inmoble de arredor 36 vivendas na parcela 1 do sector de solo urbanizable SUR-PPR-5, cedida polo Concello do Porriño. O número definitivo de vivendas determinarase na redacción do proxecto.

A empresa adxudicataria do contrato será Citanias Obras y Servicios, S.L.U. por importe de 8.122.094,15 euros. Na construción das vivendas deberán empregarse obrigatoriamente técnicas industrializadas.

Fonte.- Xunta de Galicia