A Xunta recibe 12 ofertas para as obras de 79 novas vivendas públicas en Ames, cun investimento de 14,7M€ | Observatorio de Vivenda

A Xunta recibe 12 ofertas para as obras de 79 novas vivendas públicas en Ames, cun investimento de 14,7M€

A Xunta recibe 12 ofertas para as obras de 79 novas vivendas públicas en Ames, cun investimento de 14,7M€

A Xunta vén de recibir un total de 12 ofertas de empresas para as obras de construción de 79 novas vivendas públicas en Ames, cun investimento de 14,7M€.

Estas vivendas construiranse na parcela da rúa Agriños que foi cedida gratuitamente polo Concello. As obras de construción destes fogares terán un prazo de execución de 19 meses.

A promoción, de baixo, cinco alturas e áticos, contará con fogares de eficiencia enerxética A, con 2, 3 e 4 dormitorios.

Cómpre lembrar que no Concello de Ames, ademais desta promoción de 79 vivendas, a Administración autonómica creará outras 140 vivendas públicas noutra parcela cedida en Galdrachán.

Con este municipio coruñés xa son 18 os concellos galegos que están a ceder solo á Xunta de xeito gratuíto para a construción de máis vivenda pública.

Fonte.- Xunta de Galicia