A oferta de vivenda en venda cae un 9 % en España no terceiro trimestre, segundo Idealista | Observatorio de Vivenda

A oferta de vivenda en venda cae un 9 % en España no terceiro trimestre, segundo Idealista

A oferta de vivenda en venda cae un 9 % en España no terceiro trimestre, segundo Idealista

A oferta de vivendas en venda en España reduciuse un 9 % no terceiro trimestre de 2026 respecto ao mesmo período do ano anterior, segundo un estudo de Idealista. Só sete capitais rexistraron un aumento do stock dispoñible, encabezadas por Valencia, cun incremento do 15 %, e Madrid, cun 14 %. Tamén creceron San Sebastián (8 %), Ávila (7 %), Santa Cruz de Tenerife (3 %), Sevilla (2 %) e Barcelona (1 %). Pola contra, Palencia experimentou o maior descenso, cun 43 %, seguida de Ceuta (-39 %), Melilla (-37 %), Ourense e Zamora (-32 % en ambos os casos) e Xaén (-31 %).

A evolución provincial confirma esta tendencia, xa que Madrid foi a única provincia na que aumentou a oferta de vivenda en venda, cun 8 % máis, mentres que no resto se rexistraron descensos. As caídas máis moderadas corresponderon a Valencia (-1 %), Santa Cruz de Tenerife (-2 %), Alacant, Las Palmas e Sevilla (-5 %). Pola súa banda, Palencia rexistrou a maior redución provincial, cun 32 %, seguida de Salamanca e Zamora (-25 % en ambas) e A Rioxa (-24 %). 

Fonte.- Idealista