O Concello de Oleiros promoverá 80 vivendas de protección mediante unha cooperativa | Observatorio de Vivenda

O Concello de Oleiros promoverá 80 vivendas de protección mediante unha cooperativa

O Concello de Oleiros promoverá 80 vivendas de protección mediante unha cooperativa

O Concello de Oleiros promoverá 80 novas vivendas protexidas nas urbanizacións en desenvolvemento na parroquia de Oleiros e en Mera. O acceso realizarase mediante a constitución dunha cooperativa, á que poderán incorporarse as persoas interesadas a través dunha convocatoria pública. Os prezos de venda estarán regulados pola Xunta de Galicia. Ademais, existe unha nova liña de axudas estatais que contempla préstamos sen xuros para financiar o pagamento da entrada, co obxectivo de facilitar o acceso a estas promocións.

Desde 1992 construíronse en Oleiros un total de 1.286 vivendas protexidas, unha cifra que inclúe as 296 que se atopan actualmente en execución ou teñen o inicio das obras previsto de maneira inminente. O Concello atribúe este desenvolvemento residencial á planificación urbanística municipal, baseada na aprobación de tres plans xerais de ordenación que estableceron un modelo de baixa densidade e permitiron combinar a promoción de vivenda libre e protexida coa creación de infraestruturas e espazos públicos.

Fonte.- La Voz de Galicia