Aberto o proceso para transformar en vivendas sociais un centro médico de Carballedo

Aberto o proceso para transformar en vivendas sociais un centro médico de Carballedo

O Concello de Cercedo-Cotobade iniciou o proceso de contratación das obras de rehabilitación do antigo centro médico de Carballedo, actualmente utilizado como un mero espazo municipal de almacenamento, para convertilo en casas que saldrán ao mercado inmobiliario baixo o formato de alugueiro social, destinadas a permitir o acceso a vivendas a familias con poucos recursos.

Tras o peche do prazo de recepción de ofertas, realizouse a apertura de sobres das sete propostas empresariais que se presentaron ao concurso público. Así, o Concello inicia os trámites de baremación co obxectivo de proceder á adxudicación da obra de forma que os traballos den comenzo no mes de novembro.

A actuación permitirá crear catro vivendas neste histórico inmoble gracias a un investimento global de 423.000 euros. En concreto, dispónse dunha subvención de 192.000 euros por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) ao abeiro da liña de axudas do programa de rehabilitación de edificios de titularidade municipal da Xunta e cunha partida de 231.000 euros financiada co Plan Concellos.

Fonte | Faro de Vigo