Acorde a un estudo de Fotocasa, máis dun terzo dos compradores de vivenda non necesitan hipoteca | Observatorio de Vivenda

Acorde a un estudo de Fotocasa, máis dun terzo dos compradores de vivenda non necesitan hipoteca

Acorde a un estudo de Fotocasa, máis dun terzo dos compradores de vivenda non necesitan hipoteca

O 35 % dos compradores de vivenda non necesitan recorrer a unha hipoteca para poder facerse coa propiedade do inmoble, segundo os datos dun estudo elaborado polo portal inmobiliario Fotocasa, porcentaxe a cal non parou de crecer nos últimos anos. No 2023, a cifra quedaba no 32 %, mentres que un ano antes representaba o 27 %.

Non todos estes compradores puideron efectuar a operación tirando de aforros. En concreto, estes só representan un 17 %. Outro 10 % valéronse do respaldo de familiares mentres que un 7 % afrontaron a adquisición grazas á venda da súa antiga vivenda.

A idade media destes compradores que non necesitan pedir unha hipoteca ascende aos 42 anos e nun 36 % dos casos viven só coa súa parella sen ningunha carga familiar; mesma porcentaxe que o dos casos que viven coa súa parella e fillos. Ademais, catro de cada dez son de clase media-alta.

Fonte.- La Voz de Galicia