Allegue destaca que o sorteo de 18 vivendas públicas na Coruña inclúe por primeira vez os novos limiares de renda activados pola Xunta | Observatorio de Vivenda

Allegue destaca que o sorteo de 18 vivendas públicas na Coruña inclúe por primeira vez os novos limiares de renda activados pola Xunta

Allegue destaca que o sorteo de 18 vivendas públicas na Coruña inclúe por primeira vez os novos limiares de renda activados pola Xunta

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, destaca que o sorteo de 18 vivendas públicas na Coruña inclúe por primeira vez os novos limiares de renda activados pola Xunta. Allegue, xunto coa delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, asistiu a este procedemento.

Neste acto, que tivo lugar no edificio administrativo da Xunta, sorteáronse 14 vivendas públicas no barrio de Xuxán e outras 4 froito da rehabilitación dun edificio na rúa San Andrés, 88, na Coruña, destinadas a alugueiro accesible.

O sorteo realizouse ante notario e levouse a cabo entre os inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda. Ademais, xa se considerou o aumento do limiar máximo de renda ata 4 veces o Iprem, 4,5 en familias numerosas, unha nova medida do Goberno galego para facilitar o acceso de máis persoas á vivenda pública.

No caso das vivendas de Xuxán, o 40% destinaranse a alugueiro entre menores de 36 anos, mentres que no caso das 4 de San Andrés, serán todas para persoas desa franxa de idade.

Cómpre lembrar que tras este sorteo haberá un prazo de 10 días para presentar alegacións, logo verificarase o cumprimento dos requisitos e posteriormente publicarase a listaxe definitiva.

Avanzou que á volta do verán a Xunta realizará máis sorteos, xa que actualmente están máis de 1.000 vivendas en marcha na cidade de Coruña.

Fonte.- Xunta de Galicia