Allegue reúnese en Vigo co propietario dunha vivenda baleira que está arranxando cunha axuda da Xunta, para poñela despois no mercado de alugueiro | Observatorio de Vivenda

Allegue reúnese en Vigo co propietario dunha vivenda baleira que está arranxando cunha axuda da Xunta, para poñela despois no mercado de alugueiro

Allegue reúnese en Vigo co propietario dunha vivenda baleira que está arranxando cunha axuda da Xunta, para poñela despois no mercado de alugueiro

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, reuniuse hoxe en Vigo co propietario dunha vivenda baleira que está arranxando cunha axuda da Xunta, para poñela logo no mercado de alugueiro a prezo accesible.

Trátase do programa Fogar Vivo, que puxo en marcha o Goberno galego en 2025, co obxectivo de que os propietarios poidan arranxar vivendas, que en moitos casos levaban tempo baleiras, co compromiso de posteriormente alugalas. Nesta liña tamén se inclúe a axuda para o seguro de impago e multirrisco no fogar.

Fonte.- Xunta de Galicia