Allegue visita con varios adxudicatarios as obras de construción de 40 vivendas públicas en Xuxán, na Coruña, que estarán rematadas a finais deste verán | Observatorio de Vivenda

Allegue visita con varios adxudicatarios as obras de construción de 40 vivendas públicas en Xuxán, na Coruña, que estarán rematadas a finais deste verán

Allegue visita con varios adxudicatarios as obras de construción de 40 vivendas públicas en Xuxán, na Coruña, que estarán rematadas a finais deste verán

Allegue visitou con varios adxudicatarios as obras de construción de 40 vivendas públicas en Xuxán, na Coruña, que estarán rematadas a finais deste verán. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, coa delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, comprobou o avance nos traballos.

Salientou que a entrega destas vivendas será a finais deste ano, se as actuacións seguen avanzando segundo o previsto.

Estes fogares, de 2 a 4 dormitorios e con garaxes e rochos, adxudicáronse en réxime de alugueiro e as rendas oscilarán entre 160 e 230€ mensuais.

Na construción deste edificio empréganse técnicas industrializadas, especialmente na fachada e nas terrazas. Este sistema permite axilizar as obras, un obxectivo relevante para os demandantes de vivenda.

A conselleira subliñou que se trata de fogares “fermosos, con moita luz e enerxéticamente eficientes”.

Nesta obra a Xunta apostou polo modelo de vivenda pasiva ou Passivhaus ,no obxectivo de acadar unha edificación de alta eficiencia enerxética que permite un consumo practicamente nulo grazas ao deseño bioclimático, ao illamento térmico e aos sistemas de ventilación mecánica controlada. Este sistema garante maior confort, mellora a calidade do aire interior (o aire recircula e se mantén limpo) e reduce notablemente a necesidade de calefacción e refrixeración ata nun 90%, incorporando tamén ventás de triplo acristalamento, coas que se logra un consumo de enerxía case nulo, acadando máximo confort e unha calidade do aire interior mediante un deseño bioclimático, un illamento térmico extremo e sistemas de ventilación que permite a recirculación do aire e mecánica controlada, reducindo a necesidade de calefacción ou refrixeración ata nun 90%.

Cómpre lembrar que este edificio conta cun investimento de 7,7M€, dos que a Xunta aporta 5,8M€ e 1,9M proceden de fondos europeos.

Por outra parte, a conselleira recordou que o vindeiro 14 de xullo tamén se realizará o sorteo doutras 14 vivendas públicas neste barrio de Xuxán.

Fonte.- Xunta de Galicia