Amplíase o programa de vivendas baleiras a familias con rentas máis baixas

Amplíase o programa de vivendas baleiras a familias con rentas máis baixas

O Diario Oficial de Galicia publicou recentemente unha resolución do IGVS pola que se aproba unha modalidade nova e complementaria do programa Vivendas vivas para mobilizar vivendas baleiras para o mercado de alugueiro en colaboración cos axentes inmobiliarios e os administradores de fincas. Os axentes colaboradores serán os concellos que voluntariamente queiran adherirse e que xestionarán o programa elaborando o rexistro das vivendas dispoñibles. O programa estará vixente desde leste mesmo martes e ata o 31 de decembro do 2025

Esta modalidade do Programa de mobilización de vivendas para alugueiro diríxese a unidades de convivencia con ingresos de entre 0,7 e 1,5 veces o Iprem, máis ou menos entre 5.900 e 12.600 euros, e que teñan dificultades especiais para alugar unha vivenda. Ademáis, os solicitantes deberán estar inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia en réxime de alugueiro, e a renta que deban depositar non pode superar o 30% dos ingresos da unidade de convivencia. 

A Xunta financiará os seguros do fogar e impagos, para animar a que os propietarios poñan no mercado os inmobles que teñan baleiros con seguridade. O programa tamén garantirá asistencia xurídica ante os problemas que poidan xurdir durante a vixencia dos contratos de alugueiro ou no momento de resolverse.

Os contratos de alugueiro non poderán esixir garantías adicionais superiores á fianza normal, e as rendas iniciais non poderán superar certos máximos, sendo nas sete cidades galegas a renda máxima de alugueiro de 550 euros, mentres que nunha serie de concellos intermedios, o tope será de 500 euros por vivenda. No resto dos municipios, o prezo máximo será de 425 euros.

Fonte.- La Voz de Galicia