Amsterdam prohibe Airbnb no centro da cidade dende o 1 de xullo

Amsterdam prohibe Airbnb no centro da cidade dende o 1 de xullo

Amsterdam limita as residencias vacacionais de plataformas como Airbnb a partir do 1 de xullo de 2020. A capital dos Países Baixos non permitirá este tipo de vivendas e o uso destas plataformas en tres dos seus distritos do centro, no casco antigo. Os barrios son Burgwallen-Oude Zijde, Burgwallen-Nieuwe Zijde e Grachtengordel-Zuid.

No resto dos distritos da cidade, as vivendas que queiran aparecer neste tipo de webs e realizar alugueiro vacacional terán que pedir un permiso especial á administración local. Ademáis, imponse a 'regra dos 30 días', polo que a vivenda só se poderá alugar por un máximo de 30 días en todo o ano. 

Estas novas medidas tómanse logo de que o Concello da cidade holandesa realizara un período de consulta entre os verdadeiros residentes e organizacións dos distritos e, de 780 respostas obtidas, un 75% apoiaron a prohibición a estas plataformas para operar nestes tres distritos. Dende o Concello afirman que en dous anos a cidade fará unha nova revisión das súas políticas de turismo e deixa a porta aberta a engadir novos distritos se os problemas que sufrían os distritos centrais expórtanse a outros barrios.

 

Fonte | El Salto