Axudas ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación de edificios de vivendas protexidas | Observatorio de Vivenda

Axudas ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación de edificios de vivendas protexidas

Axudas ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación de edificios de vivendas protexidas

Subvencións para a reparación, a rehabilitación e/ou adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo. 

As obras subvencionables inclúen melloras na seguridade estrutural e contra incendios, habitabilidade (como illamento e impermeabilización), adecuación funcional e accesibilidade. É importante que as actuacións non estean rematadas nin totalmente pagadas no momento de presentar a solicitude.

O prazo para presentar solicitudes será de dous meses desde o día seguinte á publicación da resolución no DOG. O orzamento total destinado é de 1.000.000 €, cunha axuda máxima do 60 % do custo subvencionable e ata 6.000 € por vivenda. As obras deberán estar rematadas e xustificadas antes do 31 de outubro de 2026 (con posibilidade de prórroga ata o 30 de novembro). 

Diario Oficial de Galicia

Máis información