Axudas á construción e rehabilitación de vivendas para alugueiro (2019). IGVS, Xunta de Galicia.

Axudas á construción e rehabilitación de vivendas para alugueiro (2019). IGVS, Xunta de Galicia.

Convócanse axudas para a promoción de vivendas en alugueiro en xeral, así como destinadas a maiores de 65 anos e a persoas con discapacidade.

As axudas poden chegar ata 350 € por metro cadrado, e as vivendas deberán destinarse ao alugueiro durante un prazo mínimo de 25 anos. As persoas e familias beneficiarias non poderán contar con ingresos que superen 4.5 veces a contía do IPREM, e no caso de familias numerosas e persoas con discapacidade, os ingresos máximos poderán chegar a 5 veces o IPREM.

Poderán recibir estas axudas os promotores das vivendas, cooperativas de vivendas de alugueiro, fundacións, empresas de economía social, organizacións non gobernamentais, etc. Poden ser destinadas a vivendas de nova construción ou rehabilitadas.

Máis información

Diario Oficial de Galicia 19 - 06 - 2019