Axudas do Programa de avais para a adquisición de vivenda | Observatorio de Vivenda

Axudas do Programa de avais para a adquisición de vivenda

Axudas do Programa de avais para a adquisición de vivenda

O Programa de avais ten por obxecto prestar unha cobertura temporal e financeira, de carácter persoal, para a adquisición da primeira vivenda por aquelas persoas que, na data de presentar a correspondente solicitude, teñan menos de trinta e seis anos.

Este programa permite garantir ata o 20 % do prezo de adquisición da vivenda ou, se é o caso, do seu valor de taxación, si este é inferior, para aquelas persoas menores de trinta e seis anos que pretendan adquirir a súa primeira vivenda e, sen límite de idade, cando se trate da adquisición dunha vivenda protexida, sempre e cando conten cun crédito hipotecario por un importe que cubra, cando menos, o 80 % restante.

Para poder ser beneficiaria do programa é preciso que na data da presentación da solicitude se cumpran os seguintes requisitos: nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou autorización de estadía ou residencia en España, menos de trinta e seis anos no momento da presentación da solicitude, empadroada en Galicia, e uns ingresos mínimos de 2 veces o IPREM e uns ingresos máximos de 5,5 veces o IPREM. 

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 1 de abril de 2025 e rematará o 31 de outubro de 2025 e, en todo caso, no momento do esgotamento do importe máximo de avais que se concedan no ano 2025, que se fixa en cinco millóns de euros.

Cadro resumo da axuda

Diario Oficial de Galicia

Modificación das bases reguladoras