Axudas do Programa de infravivenda | Observatorio de Vivenda

Axudas do Programa de infravivenda

Axudas do Programa de infravivenda

Subvencións dirixidas a prestar apoio aos concellos de Galicia de menos de 10.000 habitantes para que poidan axudar ás unidades de convivencia que residan, en condicións de propietarias, nunha infravivenda e non dispoñan de recursos económicos para acometer obras que permitan ter as mínimas condicións de habitabilidade. 

Poderán ser beneficiarios destas axudas os concellos de Galicia que conten con menos de 10.000 habitantes e que teñan cumprido co deber de remisión ao Consello de Contas de Galicia das contas xerais do exercicio inmediatamente anterior ao ano da convocatoria, en que o seu prazo de presentación estivese vencido. 

As subvencións previstas nesta convocatoria faranse efectivas por importe de 370.000,00 euros para a anualidade 2025.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 27 de xaneiro de 2025 e rematará o 3 de xuño de 2025 ata esgotamento do crédito orzamentario. 

Cadro resumo da axuda

Diario Oficial de Galicia

Máis información