Axudas do Programa de mellora da accesibilidade en e ás vivendas | Observatorio de Vivenda

Axudas do Programa de mellora da accesibilidade en e ás vivendas

Axudas do Programa de mellora da accesibilidade en e ás vivendas

As axudas previstas nesta convocatoria faranse efectivas por un importe total de 5.298.873,00 euros. O financiamento desta convocatoria faise con cargo aos fondos finalistas do Estado asignados ás anualidades 2025 e 2026 do Programa de mellora da accesibilidade en e ás vivendas do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025.

Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa, sempre que se trate de persoas físicas ou xurídicas de natureza privada persoas propietarias de vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila, edificios de tipoloxía residencial de vivenda colectiva, vivendas incluídas nun edificio de tipoloxía residencial de vivenda colectiva, entre outros. 

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, o cal comezará a contarse unha vez transcorridos 5 días hábiles desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. No suposto de que o primeiro día do prazo sexa inhábil, o prazo comezará o primeiro día hábil seguinte. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día en que se inicie a presentación de solicitudes.

Cadro resumo da axuda

Diario Oficial de Galicia

Máis información