Axudas para a adquisición ou autopromoción de vivendas en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia con poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes | Observatorio de Vivenda

Axudas para a adquisición ou autopromoción de vivendas en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia con poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes

Axudas para a adquisición ou autopromoción de vivendas en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia con poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes

A Xunta convoca axudas para a adquisición ou autopromoción de vivendas en concellos de Galicia de ata 10.000 habitantes, dirixidas a persoas menores de 36 anos. As solicitudes poderán presentarse do 27 de agosto ao 16 de novembro de 2026.

A axuda será de ata o 20 % do prezo de adquisición ou do custo de autopromoción, cun máximo de 15.000 € por vivenda. En ambos os casos, a vivenda deberá ser a residencia habitual e permanente durante polo menos cinco anos.

Para a adquisición, a vivenda deberá estar construída, poderá ser nova ou usada, ter un prezo máximo de 250.000 € e ter sido adquirida mediante contrato ou escritura desde o 1 de xaneiro de 2026. Para a autopromoción, as obras deberán terse iniciado despois desa data e estar rematadas no momento de solicitar a axuda.

Como requisitos principais, os ingresos da unidade de convivencia non poderán superar 4,5 veces o IPREM, con límites superiores en determinados casos de discapacidade, e as persoas beneficiarias non poderán ser propietarias ou usufrutuarias doutra vivenda, salvo as excepcións previstas.

Diario Oficial de Galicia

Máis información