Axudas para as Áreas de rehabilitación dos Camiños de Santiago e da Ribeira Sacra | Observatorio de Vivenda

Axudas para as Áreas de rehabilitación dos Camiños de Santiago e da Ribeira Sacra

Axudas para as Áreas de rehabilitación dos Camiños de Santiago e da Ribeira Sacra

Subvencións dirixidas a financiar as actuacións de rehabilitación ou renovación nas áreas de rehabilitación integral (en diante, ARI) dos Camiños de Santiago e da Ribeira Sacra. 

No ámbito das dúas ARI supramunicipais poderán solicitar a axuda as comunidades de propietarios e as agrupacións de comunidades; as agrupacións de propietarios; e as persoas físicas propietarias de edificios ou vivendas que xa acadaran a cualificación definitiva outorgada polo IGVS.

A contía das axudas chega ata o 75% do importe subvencionable da actuación. O importe máximo poderá acadar os 12.000€ por vivenda rehabilitada e 30.000€ no caso de construción en substitución doutra previamente demolida.

Cadro resumo da axuda

Diario Oficial de Galicia

Máis información