Axudas para facilitar a adquisición de vivenda | Observatorio de Vivenda

Axudas para facilitar a adquisición de vivenda

Axudas para facilitar a adquisición de vivenda

Axudas para facilitar a adquisición de vivenda, cun investimento total de 3,8M€. O orzamento destas axudas se incrementa en 400.000€ con respecto á convocatoria de 2024, un aumento que se dirixe integramente á liña para menores de 36 anos para comprar vivenda situada en concellos de menos de 10.000 habitantes. En relación a estas axudas a mozos, a contía máxima da achega pode acadar ata 10.800€ por vivenda.

A segunda modalidade de axudas que inclúe a convocatoria é a relativa á adquisición de vivenda  en cascos históricos. Neste caso, as axudas son de ata 12.800€ por vivenda, para menores de 36 anos; e ata 10.800€, para maiores desa idade. Finalmente, a terceira liña de subvencións da convocatoria hoxe presentada correspóndese coa compra de vivenda protexida.

No que se refire aos requisitos, as vivendas deberán ter un prezo inferior a 120.000€ e estar adquiridas con posterioridade ao 31 de outubro do 2024. Ademais, os beneficiarios terán ingresos iguais ou inferiores a 3 veces o Iprem. 

O prazo de presentación de solicitudes comenzará o día 27 de xaneiro e rematará o 15 de outubro.

Cadro resumo da axuda

Diario Oficial de Galicia

Máis información