Axudas para a promoción de vivendas en alugueiro e venda | Observatorio de Vivenda

Axudas para a promoción de vivendas en alugueiro e venda

Axudas para a promoción de vivendas en alugueiro e venda

Terceira convocatoria da liña de axudas para a promoción de vivendas para alugueiro, aloxamentos temporais, e outras modalidades residenciais tipo covivienda (cohousing), vivendas interxeracionais e modalidades similares de nova construción ou procedentes da rehabilitación.

O obxectivo desta medida é incentivar aos promotores públicos e privados a construír inmobles que contribúan a reforzar o parque público residencial de prezo accesible, tanto para alugueiro, como para a compravenda.

As obras deberán realizarse no prazo máximo de 36 meses desde a data de notificación da concesión da axuda. Con todo, o citado prazo estenderase a 38 meses cando se trate de promocións de máis de cincuenta aloxamentos ou vivendas. Cando se trate de actuacións de rehabilitación os prazos serán de 30 meses e 32 meses, respectivamente.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 8 de maio e finalizará o 30 de setembro. 

Cadro resumo da axuda

Diario Oficial de Galicia

Máis información