Axudas para rehabilitar edificacións e vivendas de titularidade municipal con destino ao alugamento social | Observatorio de Vivenda

Axudas para rehabilitar edificacións e vivendas de titularidade municipal con destino ao alugamento social

Axudas para rehabilitar edificacións e vivendas de titularidade municipal con destino ao alugamento social

Subvencións dirixidas a prestar apoio aos concellos de Galicia de menos de 30.000 habitantes para que poidan rehabilitar edificacións e vivendas da súa titularidade. 

Poderán ser beneficiarios destas axudas os concellos de Galicia que conten con menos de 10.000 habitantes e que teñan cumprido co deber de remisión ao Consello de Contas de Galicia das contas xerais do exercicio inmediatamente anterior ao ano da convocatoria, en que o seu prazo de presentación estivese vencido. 

As subvencións previstas nesta convocatoria faranse efectivas por importe de 450.000 euros para a anualidade 2025 e por importe de 1.400.000 euros para a anualidade 2026.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 27 de xaneiro de 2025 e rematará o 3 de xuño do 2025 ata esgotamento do crédito orzamentario. 

Cadro resumo da axuda

Diario Oficial de Galicia

Máis información