Bancos daneses xa ofrecen hipotecas ao 0% de interese a 20 anos

Bancos daneses xa ofrecen hipotecas ao 0% de interese a 20 anos

A entidade danesa Nordea Bank ofrece aos seus clientes dende este este mes a posibilidade de pedir un préstamo hipotecario a 20 anos ao 0% de interese e dous bancos máis anunciaron que comezarán a ofertar estas hipotecas nos próximos días. 

Así, Dinamarca volve a ser noticia nos mercados hipotecarios ao ofrecer por primeira vez unha hipoteca a un prazo de 20 anos cunhas taxas de interese ao 0%. O Banco Central de Dinamarca leva dende 2012 mantendo unha política de tipos de interese en negativo para intentar manter a paridade da corona danesa co euro, o que foi aproveitado polos compradores do país para disfrutar de caídas continuas no custo dos préstamos.

Isto realizouse principalmente pola importante caída da oferta de vivendas á venda, alcanzado o seu nivel máis baixo da última década, za que de feito, só en Copenhague, as casas en venda desplomáronse un 40% durante 2020.

Fonte | Idealista