Barcelona prevé destinar 76 millóns de euros á promoción de alugueiro protexido en 2027 | Observatorio de Vivenda

Barcelona prevé destinar 76 millóns de euros á promoción de alugueiro protexido en 2027

Barcelona prevé destinar 76 millóns de euros á promoción de alugueiro protexido en 2027

A Área Metropolitana de Barcelona (AMB) prevé investir 76 millóns de euros na promoción de vivendas de alugueiro protexido a través de Habitatge Metròpolis Barcelona. O orzamento tamén contempla recursos para a construción de vivenda accesible e a rehabilitación de edificios residenciais. O Institut Metropolità de Promoció de Sòl i Gestió Patrimonial (IMPSOL) disporá de 88,8 millóns de euros, mentres que o Consorcio Metropolitano da Vivenda contará con 4,6 millóns para financiar actuacións de mellora da eficiencia enerxética e da accesibilidade dos edificios.

Pola súa banda, a Generalitat aprobou o convenio para desenvolver en Cataluña o Plan Estatal de Vivenda 2026-2030, dotado con 1.015 millóns de euros, dos que 609 millóns procederán do Estado e 406 millóns da administración autonómica. O acordo contempla actuacións sobre 29.235 vivendas e establece como obxectivo incorporar 50.000 inmobles ao parque público de alugueiro. Entre as principais partidas figuran 304,5 millóns para rehabilitar 20.300 vivendas e outros 304,5 millóns en axudas ao alugueiro para 121.800 mozos. Ademais, destinaranse 260,7 millóns á adquisición de 3.070 inmobles por parte da Agència de l’Habitatge de Catalunya e ao reforzo das compras municipais e das entidades sociais, así como a programas de promoción e cesión de vivendas.

Fonte.- Idealista