Belén do Campo entrega as chaves de catro viviendas de promoción pública na cidade da Coruña | Observatorio de Vivenda

Belén do Campo entrega as chaves de catro viviendas de promoción pública na cidade da Coruña

Belén do Campo entrega as chaves de catro viviendas de promoción pública na cidade da Coruña

A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada pola directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Begoña Freire, entregou as chaves de 4 vivendas de promoción pública, en réxime de alugueiro no concello de A Coruña. En concreto na rúa Ribeira Sacra, no barrio de Novo Mesoiro.

Trátanse de catro vivendas de promoción pública, en segundas adjudicacións que quedaron vacantes e que o Instituto Galego de Vivenda e Solo rehabilitou para poñer de novo a dispor de demandantes de vivenda.

Tres das vivendas contan con tres dormitorios cunha superficie de 82,42 metros cadrados e a cuarta vivenda ten catro dormitorios e unha superficie de 87,5  metros cadrados ¡. As catro vivendas adxudicadas dispoñen de praza de garaxe e de rocho.

As vivendas foron adxudicadas mediante sorteo entre a lista de demandantes de vivenda protexida nesta cidade. 

Belén do Campo explicou que unha das prioridades do Goberno galego “é facilitar o acceso á vivenda aos galegos”, mediante os programas de axudas para a adquisición dun inmoble, ou en réxime de alugueiro, grazas aos inmobles do parque público da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.

A delegada destacou que o Executivo autonómico aprobou a Estratexia do impulso da vivenda protexida en Galicia, que contempla medidas para duplicar o parque público residencial e garantir o acceso de máis familias. Entre as principais novidades, figura a ampliación do límite máximo de ingresos para acceder a este recurso, chegando o umbral máximo ata catro veces o IPREM e 4,5 no caso de familias numerosas.

As persoas interesadas en optar a futuras adxudicacións deben estar inscritas no Rexistro Único de Demandantes, trámite que poden realizar en calquera momento tanto de xeito presencial como a través da sede electrónica da Xunta. As listaxes de candidatos determínanse mediante un sorteo ante notario entre todas as persoas inscritas.

A delegada da Xunta lembrou que a Xunta xa está a traballar para acadar o obxectivo de duplicar o parque público residencial ata chegar ás 8.000 vivendas en 2028. Belén do Campo lembrou que a consecución desta cifra é un “compromiso” de cara ao remate desta lexislatura. 

A representante do Goberno autonómico defendeu como un “dereito fundamental” o acceso á vivenda. Por iso, incidiu na importancia de construír nova vivenda e tamén de apostar pola rehabilitación, especialmente nos cascos históricos, tanto a través da promoción directa desde a Administración, como coa colaboración pública-privada.

Fonte.- Xunta de Galicia