Bono alugueiro mocidade | Observatorio de Vivenda

Bono alugueiro mocidade

Bono alugueiro mocidade

Axudas dirixidas a impulsar o acceso deste colectivo á vivenda en alugamento ou en cesión en uso e, polo tanto, a súa emancipación.

As axudas previstas nesta convocatoria faranse efectivas por un importe total de 12.954.936 euros, distribuídos de forma igualitaria nos anos 2025 e 2026. 

Poderán beneficiarse desta axuda as persoas físicas maiores de idade que reúnan todos e cada un dos requisitos seguintes: a) Ter menos de 36 anos no momento de solicitar a axuda, b) posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo e no caso das persoas estranxeiras non comunitarias deberán acharse en situación de estadía ou residencia regular en España, c) Ser titular ou estar en condicións de subscribir na Comunidade Autónoma de Galicia un contrato de alugamento de vivenda, d) dispoñer de, polo menos, unha fonte regular de ingresos.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, o cal comezará a contarse unha vez transcorridos cinco días hábiles desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Cadro resumo da axuda

Diario Oficial de Galicia

Máis información