Bono Emancípate para a xuventude | Observatorio de Vivenda

Bono Emancípate para a xuventude

Bono Emancípate para a xuventude

Axuda dirixida a sufragar os primeiros gastos que xorden á hora de independizarse, como pode ser a adquisición de mobiliario ou diversos artigos do fogar, ata o 30 de abril, ou ata esgotamento do crédito orzamentario asignado.

Establécese un orzamento de 2 M€ a esta liña de apoio para a mocidade que vén complementar outras axudas que teñen que ver co prezo de compra dun inmoble ou a renda do alugamento. 

Poden acceder as persoas entre os 18 e 35 anos con nacionalidade española ou dalgún dos Estados da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, ou as persoas estranxeiras non comunitarias en situación de estancia ou residencia regular en España. As persoas solicitantes deberán dispoñer dunha fonte regular de ingresos no momento da solicitude e terase en conta a suma das rendas no caso de que existan varias vías.

Unha vez finalizados os prazos concedidas e comunicadas as axudas, as persoas beneficiarias poderán facer uso da contía recibida a través dunha tarxeta moedeiro virtual expedida ao seu nome e que deixará de ser válida desde o 31 de decembro de 2025.

Máis información

Diario Oficial de Galicia