Case o 40% das familias españolas afrontan un esforzo excesivo no pagamento do alugueiro, acorde ao Banco de España | Observatorio de Vivenda

Case o 40% das familias españolas afrontan un esforzo excesivo no pagamento do alugueiro, acorde ao Banco de España

Case o 40% das familias españolas afrontan un esforzo excesivo no pagamento do alugueiro, acorde ao Banco de España

O 40% das familias en España que residen de alugueiro destinan máis do 40% dos seus ingresos brutos a cubrir os gastos de vivenda, segundo un informe do Banco de España. Este esforzo afecta principalmente aos fogares con menos ingresos, especialmente os formados por xente nova en áreas turísticas e económicas.

España é o país europeo con maior esforzo no pago de alugueiro en contraste con Francia e Alemaña, cun 17,5% e Italia cun 28%. O informe advirte de que a subida dos prezos do alugueiro nas grandes cidades españolas responde a un aumento da demanda que non foi acompañado polo incremento da oferta de vivendas.

Finalmente, suxire que se necesitan medidas públicas a longo prazo para aumentar a oferta de vivenda e mellorar o acceso, e, segundo avanzou a ministra de Vivenda e Axenda Urbana, Isabel Rodríguez, na rolda de prensa posterior ao consello de ministros, o Executivo aprobará máis medidas e non parará ata dar solución ao problema que teñen miles de persoas no país.

Fonte.- Expansión