Chegan os pisos a medida a España coa entrega da primeira promoción na que os compradores deseñaron as súas casas | Observatorio de Vivenda

Chegan os pisos a medida a España coa entrega da primeira promoción na que os compradores deseñaron as súas casas

Chegan os pisos a medida a España coa entrega da primeira promoción na que os compradores deseñaron as súas casas

A startup Viviendea permite aos compradores de vivenda deseñar a medida o seu piso con máis de 2.800 variables, grazas a súa plataforma que facilita escoller ata o último detalle da casa e ademais elimina a incertidumbre que teñen os promotores ao lanzar un proxecto porque saben dende o inicio canto diñeiro están dispostos a gastarse os seus clientes e que é exactamente o que queren.

O obxectivo é conseguir o 100% das vendas antes do inicio das obras. O primeiro proxecto completamente a medida de Viviendea entrégase en 9 meses: un edificio de 24 vivendas no barrio de Benimaclet de Valencia.

O sistema supón un cambio de modelo no mercado e ten numerosas vantaxes para todos os implicados: os clientes elixen a localidade e o barrio onde queren vivir e a partir dese momento deciden como é a casa que buscan e ao promotor non lle encarece a construcción e garantízase a venda, o que evita riscos porque poden predicir de antemán a viabilidade do proxecto.

Fonte | La Opìnión Coruña