Cinco cidades galegas sitúanse entre os 100 municipios con máis demanda de pisos de alugueiro en España

Cinco cidades galegas sitúanse entre os 100 municipios con máis demanda de pisos de alugueiro en España

Dentro dos cen municipios de España con máis demanda no mercado de alugueiro no segundo trimestre de 2023 atópanse as cidades galegas da Coruña, Santiago, Vigo, Lugo e Ourense, segundo un estudo elaborado por Idealista. En primeiro lugar, das cidades galegas, atópase A Coruña, no número 59 da clasificación das zonas máis buscadas entre os usuarios da plataforma para buscar unha vivenda de alugueiro, cun prezo medio na cidade de 715 euros ao mes.

Santiago de Compostela é o segundo municipio galego, o número 67 da lista nacional, cun prezo medio de 692 euros mensuais; a cidade de Vigo sitúase no posto 84, cun prezo medio de 755 euros ao mes; Lugo atópase no posto 89 e presenta un prezo medio de 575 euros mensuais. Por último, Ourense no posto 96 da lista nacional cun prezo medio de alugueiro de 550 euros ao mes.

Fonte.- el Correo Gallego