A Comisión Europea sitúa a falta de vivenda como o principal risco para a mobilidade laboral e a competitividade de España | Observatorio de Vivenda

A Comisión Europea sitúa a falta de vivenda como o principal risco para a mobilidade laboral e a competitividade de España

A Comisión Europea sitúa a falta de vivenda como o principal risco para a mobilidade laboral e a competitividade de España

A Comisión Europea identifica a falta de oferta de vivenda como o principal risco para a economía española, debido ás consecuencias que pode ter sobre os prezos, a mobilidade laboral e a capacidade de atraer novos traballadores. O organismo comunitario advirte de que o déficit de inmobles en relación coa formación de novos fogares mantén a presión sobre os prezos e dificulta especialmente o acceso á vivenda para a mocidade, as persoas con menos recursos e outros colectivos vulnerables. Ademais, o encarecemento dos materiais, da man de obra e do financiamento limita a inversión residencial e dificulta o incremento da construción.

A Comisión tamén destaca a limitada dimensión do parque público de vivenda en España, que representa o 3,4% do total, fronte á media do 8% da Unión Europea. Esta diferenza incrementa a presión sobre o mercado do alugueiro, que debe absorber boa parte da demanda de fogares que non poden acceder á compra, contribuíndo ao encarecemento das rendas. O organismo comunitario sinala que a subida dos prezos da vivenda reduce a capacidade de consumo das familias e agrava as desigualdades entre propietarios e inquilinos. Así mesmo, considera que estas dificultades poden afectar á competitividade económica e á cohesión social, ao limitar os desprazamentos cara ás áreas urbanas onde se concentra a actividade económica.

Fonte.- El País