A compra de vivenda roza niveis precovid en España polo boom dos chalés

A compra de vivenda roza niveis precovid en España polo boom dos chalés

Fai xusto un ano o sector inmobiliario entrou en colapso: as compravendas descenderon ao mínimo polo confinamento e  as predicións vaticinaban baixadas importantes dos prezos.

Con todo, a situación foise estabilizando e na actualidade a vivenda é dos poucos sectores que recuperou constantes vitais.

Así, segundo os datos publicados onte polo Colexio de Rexistradores, en febreiro pecháronse 40.482 compravendas de vivenda, unha cifra que supón apenas 1.500 operacións menos (un 3,7%) que en febreiro de 2020, xusto o mes previo ao estalido da pandemia en España e ao establecemento do estado de alarma. 

Gran parte desta mellora está provocada polo boom nas vendas dos chalés nas zonas periféricas das cidades e nas zonas rurais, xa que se percibe unha tendencia aos espazos abertos e máis grandes, con zonas de xardíns dende o confinamento.

Fonte | ABC