A compravenda de vivenda retrocede un 4% mentres os prezos soben un 8,8%, segundo os notarios | Observatorio de Vivenda

A compravenda de vivenda retrocede un 4% mentres os prezos soben un 8,8%, segundo os notarios

A compravenda de vivenda retrocede un 4% mentres os prezos soben un 8,8%, segundo os notarios

As compravendas de vivenda diminuíron un 4% interanual, ata as 67.529 operacións. A caída concentrouse especialmente nos pisos, cuxas transaccións baixaron un 5,6%, mentres que as vivendas unifamiliares aumentaron un 0,8%. A actividade reduciuse en 13 comunidades autónomas, con País Vasco (-14,2%), A Rioxa (-12,5%), Baleares (-11,4%), Asturias (-10,2%), Estremadura (-10,1%) e Andalucía (-9,7%) entre os maiores descensos. Galicia rexistrou unha baixada do 1,6%. Pola contra, Navarra liderou os incrementos, cun 18,6%, seguida da Comunidade Valenciana (7,9%), Cantabria (5,4%) e Castela e León (4,8%).

A evolución dos prezos mantívose á alza, cun valor medio de 2.114 euros por metro cadrado, un 8,8% máis, segundo os datos do Notariado. O prezo dos pisos incrementouse un 13,8%, ata 2.529 euros por metro cadrado, mentres que o das vivendas unifamiliares subiu un 2,5%, ata 1.504 euros. Galicia situouse entre as comunidades con maiores aumentos, cun 13,7%. En canto á financiación, os préstamos hipotecarios para adquirir vivenda creceron un 0,2%, ata 36.249 operacións, cun importe medio de 188.785 euros. O 53,7% das compras financiouse mediante hipoteca e estes préstamos cubriron de media o 72,3% do prezo. 

Fonte.- Expansión