A compravenda de vivendas baixa un 11,1 % en Galicia e o prezo cae un 6,8 % en maio, segundo o Notariado | Observatorio de Vivenda

A compravenda de vivendas baixa un 11,1 % en Galicia e o prezo cae un 6,8 % en maio, segundo o Notariado

A compravenda de vivendas baixa un 11,1 % en Galicia e o prezo cae un 6,8 % en maio, segundo o Notariado

Galicia rexistrou un descenso interanual do 11,1 % na compravenda de vivendas durante o mes de maio, unha evolución semellante á do conxunto de España, onde as operacións diminuíron un 11,8 %, segundo os datos do Consello Xeral do Notariado. A comunidade foi ademais a única na que se reduciu o prezo da vivenda, cunha baixada do 6,8 % no valor do metro cadrado, mentres que a media estatal aumentou un 8,8 %. No ámbito hipotecario, os préstamos para a adquisición de vivenda diminuíron un 2,1 % en Galicia, fronte ao descenso do 4 % rexistrado no conxunto do Estado.

A nivel estatal formalizáronse 55.761 compravendas de vivendas, mantendo a tendencia de descenso das operacións. As transaccións de pisos reduciron un 14,1 %, mentres que as de vivendas unifamiliares baixaron un 4,7 %. O prezo medio dos pisos incrementouse un 14 %, ata os 2.455 euros por metro cadrado, e o das vivendas unifamiliares un 2,7 %, ata os 1.445 euros por metro cadrado. As maiores subas do prezo da vivenda rexistráronse en Baleares (16,3 %), Castela-A Mancha (15,4 %), Andalucía (14,4 %) e Canarias (13,7 %), mentres que Navarra (+8,2 %), Castela-A Mancha (+4,5 %) e Estremadura (+0,2 %) foron as únicas comunidades nas que aumentou a compravenda.

Fonte.- Diario de Santiago