A compravenda de vivendas cae máis do 24% en xullo en Galicia

A compravenda de vivendas cae máis do 24% en xullo en Galicia

A compravenda de vivendas retrocedeu un 24,3% en xullo en Galicia en relación ao mesmo mes de 2019, ata sumar 1.135 operacións, segundo datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE). Porén, a situación varía se se compara en relación a xuño, mes no que se rexistraron un total de 849 operacións, co que en xullo houbo un incremento do 33,68% en comparación ao mes anterior.

Mentras, de acordo cos datos do INE, o total de fincas transmitidas inscritas nos rexistros da propiedade en Galicia situouse en xullo en 7.353, o que supón un 18,2% menos respecto ao ano anterior.

No caso de Galicia, a compravenda de vivendas libres descendeu un 24,56% en xullo en taxa interanual, ata sumar 1.078 transaccións, en tanto que as operacións sobre vivendas protexidas experimentaron unha diminución do 19,72%, con 57 transaccións.

A nivel estatal, a compravenda de vivendas retrocedeu un 32,4% o pasado mes de xullo en relación ao mesmo mes de 2019, ata sumar 32.654 operacións, a maior cifra dende o pasado mes de marzo, cando se declarou a pandemia do Covid-19. Non obstante, en termos mensuais (xullo sobre xuño), a compravenda de vivendas disparouse un 20%, o seu maior crecemento nun mes de xullo en cinco anos.

Fonte | El Ideal Gallego