A compravenda de vivendas en España cae un 14,5% interanual no mes de xuño

A compravenda de vivendas en España cae un 14,5% interanual no mes de xuño

O mercado da vivenda non para de frearse debido á inflación e ao aumento dos prezos das hipotecas polas subidas dos tipos de interese. Tanto é así, que o número de compravendas de vivendas reduciuse un 14,5% no mes de xuño en relación ao mesmo período do ano pasado. 

O prezo medio do metro cadrado, pola súa banda, reduciuse un 2,6% no mesmo período, segundo datos publicados polo Consello Xeral do Notariado.

No caso dos pisos, estes viron reducidas as compravendas un 13,8% interanual. As vivendas unifamiliares diminuíron un 16,7% as súas operacións. A única comunidade autónoma que rexistra un aumento na compravenda de vivendas foi Asturias, cun incremento do 3%.

Por outra banda, os préstamos hipotecarios baixaron un 25,8% interanual, cunha diminución da contía do 4,5%, situándose nos 147.227 euros.

Fonte.- La Razón