A compravenda de vivendas medra un 1,6% e acada en xuño o seu máximo desde 2007, segundo o INE | Observatorio de Vivenda

A compravenda de vivendas medra un 1,6% e acada en xuño o seu máximo desde 2007, segundo o INE

A compravenda de vivendas medra un 1,6% e acada en xuño o seu máximo desde 2007, segundo o INE

A compravenda de vivendas aumentou un 1,6% interanual, ata as 59.288 operacións, a cifra máis elevada nun mes de xuño desde 2007, segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE). O avance produciuse tanto na vivenda nova como na usada: as operacións sobre inmobles novos creceron un 6,3%, ata 12.766, mentres que as de segunda man aumentaron un 0,3%, ata 46.522.

A vivenda libre concentrou o 93,8% das compravendas, con 55.609 operacións e un incremento do 2,6%, mentres que a protexida representou o 6,2%, con 3.679 transaccións, un 11,8% menos. No acumulado do primeiro semestre, a compravenda de vivendas diminuíu un 2,6%, con descensos tanto nas operacións de vivenda nova (-2,8%) como nas usadas (-2,5%).

Fonte.- Idealista